O Ribadeo Indiano fai que a localidade case sextuplique a súa poboación
A festa que enxalza o legado da emigración deixa un impacto económico de catro millóns de euros
Algúns establecementos de hostalería xa están completos desde hai varios días
A vila ribadense é esta fin de semana un escenario de época, na que se enxalza o legado dos emigrantes. Explica a presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Carmen Cruzado, que "é unha festa na que se implica todo o mundo".
En tres días Ribadeo case sextuplica a súa poboación habitual. Manifesta o alcalde que o impacto económico é de "catro millóns e medio" e o ano pasado máis de 60.000 persoas pasaron por Ribadeo.
Este impacto económico esténdese por localidades próximas e afecta tamén a comerciantes e á hostalaría. Indican desde varios establecementos que "levamos completos xa varios días" polo Ribadeo Indiano, que é unha das fins de semana "máis importantes do ano".
Hai dez anos que se celebra e xa é unha cita marcada no calendario para moitos visitantes. Destacan sobre todo, que é unha celebración "na que todo o pobo sae á rúa", que "é divertida porque a xente participa" e que "os comercios están sempre implicados".
Ata o domingo hai tempo para gozar desta festa do Ribadeo Indiano.