Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os labregos de Boborás expulsan os franceses na festa histórica de Pazos de Arenteiro

Os labregos de Boborás expulsan os franceses na festa histórica de Pazos de Arenteiro

Antes de liderar a Reconquista en Vigo, o capitán Bernardo González Cachamuíña librou outras batallas contra os franceses

Conta a historia que en Pazos de Arenteiro expulsou un milleiro de soldados coa forza dos campesiños da zona

Recreación da morte dun soldado francés en Pazos de Arenteiro
G24.gal 12/07/2025 21:15 Última actualización 12/07/2025 21:31

Tres días durou o paso dos soldados napoleónicos polas terras do Ribeiro. Entre o 28 de febreiro e o 2 de marzo de 1809, valorosos veciños e veciñas de Pazos de Arenteiro fixéronlles fronte aos franceses. Como dona Hipólita, que perdeu unha man na contenda.

"A xente que vén ver isto, estao vendo no lugar onde foi, na propia vila. É coma un salto no tempo", asegura Mónica Sueiro, directora de recreación.

Preto dun cento de persoas, a maioría veciñas da zona, danlles vida as personaxes que recrea esta festa histórica: os campesiños liderados polo capitán Cachamuíña contra un exército de mil soldados franceses.

"Eses mil homes estiveron combatendo contra a xente da aldea e do batallón do Ribeiro, que lles fixo fronte na ponte da Cruz", lembra José Iglesias Ameijeiras, "capitán Cahamuíña".

"Conseguiron vencer o exército francés e, a partir de aí, a Vigo, onde liberaron a cidade", explica Patricia Torres, alcaldesa de Boborás:

Seis anos leva celebrándose esta festa que en cada edición incorpora novidades para lle dar máis realismo á recreación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade