Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pasaron 35 anos do ascenso do Compos á Segunda División

Pasaron 35 anos do ascenso do Compos á Segunda División

Os goles de Ochoa e Juanito derrotaron o Badaxoz (3-1) no histórico 23 de xuño de 1991 

G24.gal 23/06/2026 09:59

O 23 de xuño de 1991, o campo de Santa Isabel viviu un dos días máis memorables. Aquel día, a SD Compostela xogábase o ascenso a Segunda División fronte o Badaxoz, un rival que chegaba á cita con máis presuposto, máis cartel e varios partidos sen perder. Naquel día, o estadio rexistrou a mellor entrada da súa historia. 

O encontro estivo marcado pola tensión do momento, pero o Compos acabou impoñéndose co seu fútbol. Dous goles de Ochoa e outro de Juanito certificaron o 3-1 definitivo. Moitos afeccionados lembran aquelo como o momento no que o club deu un salto de cara ao fútbol profesional. 

Aquel equipo era o Compos de Fernando Santos, o técnico que collera o conxunto en Terceira División e que o conduciría ata a élite. O ascenso non só evitou que o club quedase outra vez en Segunda B, senón que abriu a etapa que culminaría coa chegada a Primeira División.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar