A Xunta remata en Pontevedra as sendas peonís de Xeve
As actuacións de mobilidade sostible e seguridade viaria fixéronse na contorna das estradas autonómicas PO-223 e PO-224
Teñen unha lonxitude de 2,5 quilómetros e un investimento de 2,4 millóns de euros
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas destaca a colaboración de Stop Accidentes no deseño da obra
A Xunta rematou en Pontevedra as actuacións de mobilidade sostible e seguridade viaria na contorna das estradas autonómicas PO-223 e PO-224 en Santo André de Xeve.
Con esas obras habilitaron 2,5 quilómetros de novas sendas peonís. Tamén habilitaron unha glorieta e ampliáronse as zonas de aparcadoiro de coches e autobuses.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou a obra que contou cun investimento de 2,4 millóns de euros.
A conselleira destacou a colaboración de Stop Accidentes no deseño da actuación realizada, froito do convenio que a Xunta mantén co colectivo para promover contornas escolares seguras, así como a implicación do centro escolar, co que se consensuou a intervención.
