Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luismi Cruz di que o Dépor é "o sitio ideal" para seguir crecendo como futbolista

Luismi Cruz di que o Dépor é "o sitio ideal" para seguir crecendo como futbolista

Confesa que o que máis o atraeu do conxunto branquiazul foi “a ambición” que lle transmitiron “por facer as cousas ben”

Foto Deportivo
G24.gal 14/07/2025 13:31 Última actualización 14/07/2025 13:57

O extremo Luismi Cruz considera que o Deportivo, co que se comprometeu para o próximas catro tempadas, é “o sitio ideal” para seguir crecendo como futbolista.

“Nada máis souben o interese deles por min e do proxecto que teñen, pareceume o sitio ideal para seguir crecendo. Estou moi contento de estar aquí", afirmou o exfutbolista do Tenerife.

Tamén confesa que o que máis o atraeu do conxunto branquiazul foi “a ambición” que lle transmitiron “por facer as cousas ben”.

“Nós no campo imos dar todo. Por nós non vai ser, pero tamén necesitamos o apoio dos nosos afeccionados. Van ser fundamentais”, manifestou nunha entrevista cos medios oficiais do club.

O extremo andaluz  ten un gran recordo do partido que disputou co Tenerife en Riazor.

“Foi unha pasada. Nótase o alento da xente, como presionaban. E iso, vivíndoo desde fóra, é un factor moi importante”, comentou a cuarta incorporación do Dépor tras Jaime Noriega, Arnau Comas e Lucas Noubi

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar