Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ao volante, 0.0 de alcohol

Ao volante, 0.0 de alcohol

A Garda Civil intensifica esta semana en todas as estradas e a calquera hora os controis de alcoholemia e de drogas

G24.gal 14/07/2025 13:33

A Garda Civil intensifica esta semana a vixilancia para detectar alcol e drogas ao volante. Os axentes de Tráfico van realizar esta semana 35.000 probas para detectar alcol e unhas 700 de drogas. 

Son controis rápidos e dinámicos, duns 20 minutos en cada zona. Galicia é a comunidade autónoma con máis positivos, o 20 % de toda España. Cada mes son detectados máis de 1.200 condutores bébedos nas estradas da rede viaria galega. 

"Que a ninguén sorprenda se a calquera hora en calquera estrada o paran para facer un control de alcoholemia", di o xefe da Garda Civil de Tráfico de Ourense, Javier Barja, nun control instalado esta mañá na estrada OU-101 en Ourense. 

0,0 deron tamén varios condutores profesionais que a Garda Civil parou este luns na OU-101 en Ourense.

Tras un cribado previo, fan tamén controis de drogas.

Só en Ourense, máis dun milleiro de condutores foron sancionados no que levamos de ano por conducir baixo os efectos do alcol; en xeral, un de cada cen condutores dá positivo. E dos cinco falecementos este 2025 na provincia de Ourense en accidentes, tres foron provocados polo alcol, segundo explica David Llorente, xefe provincial de Tráfico de Ourense.

Por isto, a mensaxe que queren mandar coa intensificación destes controis é: "Tolerancia cero co alcol e as drogas ao volante".

Esta campaña comezou hoxe e está vixente ata o domingo 20 de xullo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade