Baixan as vendas de bebidas espirituosas porque a mocidade xa non bebe tanto
Descende o consumo de alcol entre os máis novos
A industria dos espirituosos reséntese dos cambios de hábitos da mocidade, que son cada vez máis sans
"Eu non consumo cervexa a diario nin viño durante as comidas nin nada, pero pola noite pois eu penso que seguimos consumindo a mesma cantidade de alcol que hai anos", opina unha moza.
Pois a industria dos espirituosos non opina o mesmo. Fai números e non lle saen as contas. As vendas baixaron un 8 % no 2025. Descende o consumo de alcol e as grandes marcas de espirituosos reaccionan con versións de baixa graduación ou directamente sen alcol. A mocidade de hoxe en día xa non bebe o mesmo que a xeración de seus pais.
"Estamos máis concienciados cun estilo de vida saudable".
"Gústanos máis o ximnasio, hoxe en día moita xente coida a súa alimentación, sae a correr".
"Si que agora está máis concienciada, que é un tema que pode ser prexudicial á larga".
"Non ten ningunha vantaxe, eu creo que ao final te vas decatando, pasan os anos, aféctache máis. Supoño que a primeira vez ao mellor pois por probar cousas, non sei", comentan outros
Hai 3 décadas, un 75 % dos estudantes de entre 14 e 18 anos recoñecía que se emborrachara algunha vez nos últimos 30 días. Agora esa porcentaxe é do 51 %. Algúns nin recordan cando foi a última.
"Ufff, pois hai tempo, hai máis dun ano".
"Lémbroa, pero xa teño que facer memoria".
"A verdade é que non sei, supoño que en festas en verán ou algo así".
"Puiden coller unha, non sei, a primeiros de curso ou así, pero non tanto como hai anos, que contaban historias os nosos pais ou así".