Remedios contra a resaca
As fórmulas que axudan a aliviar o malestar dos excesos do alcol e a comida son dos produtos máis vendidos
O mellor e previr e evitar os abusos para que non pasen factura
A cea e a celebración de noitevella poden dar lugar a excesos. E moitos pasan pola farmacia na busca de axuda. Sara Sánchez Piña, farmacéutica en Farmateis, explica que "se bebemos demasiado o principal son os produtos que van a base de vitamina B e magnesio que axudan a metabolizar o alcol e combater a fatiga.
Pero non só o exceso de alcol fai estragos no corpo. E tamén hai remedios para iso: "O principal son antiácidos e moitos produtos con encimas dixestivas que axudan a dixerir esas comidas", explica a farmacéutica.
E se non os de toda a vida, como as infusións. Con todo, o mellor e previr e evitar os excesos para que non pasen factura.