Contido con Xeográficas Galicia .

Contido con Xeográficas Galicia .

Galicia

Atopan o corpo dun mozo de 14 anos que caeu á auga na lagoa de Pedras Miúdas de Catoira

17/07/2025 20:54

Segundo os servizos de emerxencias, o mozo procedente de Caldas caeu á auga e non saíu


Ten máis de dous millóns e medio de seguidores nas redes

Un mecánico lucense colga vídeos nas redes que teñen máis de trinta millóns de visualizacións

17/07/2025 20:49

Iván Cabanas comezou facer estas gravacións hai dous anos e xa conta con máis de dous millóns e medio de seguidores

Categorías:  Sociedade   Galicia   Vida
Etiquetas:  MOTOR   REDES SOCIAIS

Un mozo de Viveiro falece tras saír da vía e envorcar o seu vehículo en Xermade

17/07/2025 19:24

O accidente ocorreu na LU-540, no termo municipal de Xermade

O condutor era o único ocupante do turismo


Alfonso Rueda e Fernando García tras firmar o convenio

A Xunta asina un convenio co Uruguai para formar médicos no Chuac

17/07/2025 17:17

O acordo permitirá aos médicos uruguaios recibir formación sobre transplantes de pulmón no hospital da Coruña

 


Diego Montaña, Alejandro Freire, Kaio Amaral, e Alejandro Míguez, durante a vista de apelación/Foto de arquivo/ M. Dylan /Europa Press

A Fiscalía do Supremo presenta recurso contra a sentenza polo asasinato de Samuel Luiz

17/07/2025 16:49

A Fiscalía considera que «a sentenza do TSXG infrinxe o artigo 24 da Constitución» e que hai «un erro na avaliación da proba e infracción da lei penal»

 


Rueda di que Galicia podería perder miles de millóns de euros se sae adiante a cota catalá

17/07/2025 15:29

A comunidade deixaría de recibir 634 millóns de euros ao ano, segundo o Foro Económico, e a perda sería de máis de 2.100 millóns se ese modelo se aplicase en todo o país

Montero denuncia as mentiras sobre o financiamento: "Xamais se van permitir privilexios"

Alfonso Rueda advirte que isto rompe coa solidariedade entre territorios e anuncia unha fronte común con outras comunidades
 


O xeado, unha das sobremesas máis populares

17/07/2025 14:51

Xa sexa con frío ou con calor, o xeado é un dos produtos estrela do mercado e un dos máis consumidos pola xente

É un produto tan coñecido que goza de varios días ao ano para festexalo; un deles, na terceira semana de xullo

Categorías:  Sociedade   Galicia   Vida
Etiquetas:  GASTRONOMÍA

Galaxia presenta 'O lanzador de coitelos', a obra gañadora do Premio de Novela do 75 aniversario

17/07/2025 14:47

É un thriller do escritor e dramaturgo Fernando Castro Paredes 

A historia reflexiona sobre a memoria, a identidade e o control social nunha sociedade opresiva 


Retiran do mercado dous 'kits' de alisado capilar por risco para a saúde

17/07/2025 14:38

A Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios retira dous produtos de alisado brasileiro por non garantir un uso seguro

Conteñen formaldehído, que pode provocar reaccións alérxicas e respiratorias graves, amais de ser potencialmente canceríxeno

Categorías:  Sociedade   Saúde   Galicia
Etiquetas:  CONSUMO

Afronta seis anos de prisión por un intento de homicidio nun edificio ocupado de Ribeira

17/07/2025 14:36

O suposto agresor golpeou a vítima cun "martelo ou unha pata de cabra" provocándolle danos cerebrais graves

Golpeouno porque pensou que a vítima lle roubara uns cartos, que realmente gastara en cocaína, segundo el mesmo recoñeceu


O Porriño ficha a internacional brasileira Juliana Santos

17/07/2025 14:28

Santos: "Estou moi feliz de incorporarme a este excelente equipo, espero seguir crecendo como deportista e axudar o equipo para conseguir os seus obxectivos”


Morre un home de 78 anos tras ser rescatado inconsciente na praia da Lanzada, no Grove

17/07/2025 14:27

A vítima faleceu no propio areal a pesar de que lle realizaron manobras de reanimación


A Policía Local de Redondela interceptou un taxista que conducía baixo os efectos das drogas

17/07/2025 14:21

O feito é aínda máis grave porque nese momento realizaba un servizo cun usuario no vehículo

Os axentes atoparon substancias estupefacientes no taxi, un táser de descarga eléctrica e varias armas brancas


Tres detidos e un ferido por arma branca nunha pelexa entre feirantes no Burgo (Culleredo)

17/07/2025 14:16

Ao parecer, o conflito entre dous bandos iniciouse pola ocupación de parcelas para a celebración das Festas do Apóstolo


Un veciño de Cambre sofre o ataque das velutinas cando limpaba a maleza

17/07/2025 14:10

Tiña seis picadas na cabeza, que lle causaron moita dor, pero afortunadamente recuperouse axiña

Etiquetas:  VELUTINAS

Imaxe deste xoves do despacho de lotería que rexenta Carla Guijarro no barrio coruñés do Peruleiro

O boleto premiado co Millón no Euromillóns deste martes foi validado na Coruña

17/07/2025 14:03

"Non se sabe a quen lle tocou e supoño que non se saberá, porque esas cousas á xente dálle vergoña dicilo", di a propietaria da libraría onde se vendeu o boleto

Etiquetas:  LOTERÍA

Un iate e varias nasas arden no porto de Cangas

17/07/2025 14:03

Segundo parece, o lume iniciouse nas artes de pesca e alcanzou a embarcación cando trataban de remolcala para apartala da zona

Etiquetas:  INCENDIO

Foto Celta

O rosa será a cor da terceira camiseta do Celta e a segunda das Celtas

17/07/2025 13:46

Segundo o Celta: "Esta nova pel foi deseñada pensando nos grandes retos que nos esperan esta tempada"

Categorías:  Deportes   Celta   Vigo
Etiquetas:  RC CELTA

A FP ten cada vez máis éxito en Galicia

17/07/2025 13:12

Seis de cada dez ciclos de Formación Profesional xa completaron a súa matrícula na primeira quenda

A oferta para o vindeiro curso inclúe 855 títulos de grao básico, medio e superior

Categorías:  Educación   Galicia
Etiquetas:  FP

Arquivo

Os sindicatos agrarios rexeitan desmantelar a PAC e cifran o recorte en 77 millóns ao ano

17/07/2025 12:53

Unións Agrarias (UU. AA.) e Sindicato Labrego Galego (SLG) rexeitan a proposta de recorte de case un 25 %  para o período 2028-2034 e din que equivale ao seu desamantelamento


A veciñanza de Castelo colocou unha carpa para a protesta que levou a cabo

Reclaman a reposición dunha marquesiña retirada hai meses na parroquia luguesa de Castelo

17/07/2025 12:25

Os usuarios denuncian que noutras paradas do barrio, menos usadas, as cubertas si que foron renovadas pola Xunta, titular da estrada


Foto Celta

O Celta ficha o centrocampista qatarí Anthony Khayat

17/07/2025 12:13

Internacional sub-20 con Emiratos Árabes, o novo futbolista qatarí xogará este curso coa Celta Fortuna

Categorías:  Deportes   Celta   Vigo
Etiquetas:  RC CELTA

O alcalde de Láncara, o socialista Darío Piñeiro. Europa Press

O alcalde de Láncara anuncia que padece cancro de pel

17/07/2025 12:00

O alcalde, Darío Piñeiro, terá que someterse a tratamento

Deixará o concello lucense en mans do seu número dous.


Ferido o condutor dun camión que envorcou en Vigo mentres transportaba area

17/07/2025 11:56

Foi trasladado en ambulancia ao Álvaro Cunqueiro

Outro coche quedou danado ao caerlle enriba a carga do vehículo pesado

 


O delegado da ONCE en Galicia, Manuel Fernández Paz, fixo entrega a Alejandro López, subdirector dos servizos informativos da canle, e a Marta Fernández, xefa de comunicación corporativa e responsabilidade social da corporación, dun cupón simbólico

O cupón da ONCE celebra o 40 aniversario da Televisión de Galicia no sorteo do 22 de xullo

17/07/2025 11:39

Cinco millóns de cupóns levan desde este xoves por toda España a imaxe da canle pública galega



Imaxe do incendio dende unha casa próxima - EUROPA PRESS

Controlado o incendio forestal de Lalín, que afecta a unhas 80 hectáreas

17/07/2025 10:29

O incendio iniciouse ás 13:07 horas do mércores e, ata o momento, foron mobilizados tres técnicos, 12 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, tres pas, tres unidades técnicas de apoio, sete helicópteros e seis avións


Fabiola García: "Esperemos que o Goberno cumpra a norma e proceda a unha repartición coordinada e pactada"

17/07/2025 10:22

"Somos solidarios? Si pero non podemos ser solidarios nestes momentos co que non temos. Non temos capacidade para acoller a 317 menores non acompañados", asegura a conselleira de Asuntos Sociais e Igualdade


Europa Press / Arquivo

As mellores festas e festivais desta fin de semana

17/07/2025 10:16

A Dorna, concerto de Trueno, na Atardecer no Gaiás, Son do Nordés...

Tamén as festas culturais e gastronómicas máis rechamantes

Categorías:  Sociedade   Galicia   Vida
Etiquetas:  FESTAS   FESTIVAIS

O oficio de campaneiro négase a desaparecer

16/07/2025 21:19

A Asociación de Campaneiros de Galicia imparte formación para manter viva a profesión

Categorías:  Sociedade   Galicia
Etiquetas:  CURIOSIDADES

Trufi, o raposo que visita as Ecocabanas Rías Baixas na Pobra do Caramiñal

Trufi, o raposo que visita case todos os días unhas ecocabanas na Pobra do Caramiñal

16/07/2025 20:51

Os clientes están avisados para que non interaccionen cos animais salvaxes

Déixanlle auga e, ás veces, Trufi rouba a comida dos gatos domésticos


Os galegos son os que máis cartos destinan á compra de pan de toda España

16/07/2025 20:05

Ao ano invisten 860 euros neste produto básico, que ademais é moi recoñecido polo seu sabor e a súa elaboración tradicional

Etiquetas:  ALIMENTACIÓN

Control de velocidade na N-550 en Caldas/Guardia Civil

Interceptan en Caldas un condutor circulando a 191 quilómetros por hora nun tramo limitado a 70

16/07/2025 17:26

O condutor, de 30 anos e veciño da localidade, podería enfrontarse a unha pena de prisión de ata 6 meses, multa ou traballos en beneficio da comunidade 


A ría de Ferrol leva tempo máis silenciosa

O golfiño Manoliño desaparece sen deixar rastro da ría de Ferrol

16/07/2025 16:51

Profesionais do CEMMA cren que puido morrer nas instalacións de Navantia o pasado 20 de xuño


Imaxe de arquivo

A conselleira de Política Social rexeita a imposición de acoller 317 menores migrantes

16/07/2025 15:58

Amnistía Internacional insta Galicia a cumprir cos dereitos da infancia migrante

Categorías:  Política   Galicia
Etiquetas:  MIGRANTES   MENORES

Foto Deportivo

O Deportivo presenta a Lucas Noubi, central belga que chega tras un ano apartado no Liexa

16/07/2025 15:46

Noubi: "Só xoguei dous partidos a temporada pasada, pero adestrábame moito. Son traballador"

Etiquetas:  RC DEPORTIVO

As vilas costeiras de toda Galicia celebran este mércores o Día do Carme

16/07/2025 15:44

Devoción relixiosa e divertimento mestúranse nunha das festas máis vistosas do ano

Categorías:  Sociedade   Galicia
Etiquetas:  FESTAS

O conselleiro Diego Calvo durante a visita deste mércores (EFE/Cabalar)

A Xunta prevé finalizar a estación de bus da intermodal da Coruña a final de ano

16/07/2025 15:21

Diego Calvo agarda que haxa "cincocentas expedicións de buses" e que "utilicen esta estación case tres millóns de viaxeiros ao ano"


Os incendios nos coches, máis frecuentes no verán

16/07/2025 15:09

O aumento das temperaturas favorece este tipo de situacións e a súa propagación

Empregar o extintor ou afastarse do vehículo, o máis recomendado contra un incendio no coche

Categorías:  Sociedade   Galicia   Vida
Etiquetas:  INCENDIO   COCHES

As farmacias aumentaron a venda de tests de antíxenos en xullo

A covid repunta no verán: circula unha variante de síntomas pouco graves pero moi contaxiosa

16/07/2025 15:01

O Servizo galego de Saúde contabiliza máis de 650 casos activos, con case cen persoas hospitalizadas

Categorías:  Sociedade   Saúde   Galicia
Etiquetas:  SANIDADE   COVID
Publicidade
Publicidade