Cargando resultados...
Gastronomía de mar e de autor no Vigo SeaFest
A Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo organiza o evento para promocionar o consumo de peixe
G24.gal
11/07/2025 19:55
Última actualización 11/07/2025 20:06
Gastronomía, gastronomía con sabor a mar, iso é o SeaFest que se celebra en Vigo ata o domingo.
Arvi, a Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo, organiza este festival para promocionar o consumo de peixe. 14 chefs con sona elaboran cadanseu petisco. O ingrediente principal é un peixe.
A gastronomía é protagonista no SeaFest, e, ademais dos petiscos, hai foodtrucks e espectáculos de cociña ao vivo. Pero tamén hai música e actividades para os máis pequenos.