Publicador de contidos

Publicador de contidos

Últimos preparativos no Monte do Gozo para acoller unha nova edición do Son do Camiño

Últimos preparativos no Monte do Gozo para acoller unha nova edición do Son do Camiño

O festival máis importante do verán galego encherá o recinto con máis de 42.000 persoas ao día

G24.gal 15/06/2026 14:43

Máis de 1.500 traballadores levan semanas obrando na transformación do Monte do Gozo no recinto do maior festival de Galicia.

"Cada ano montamos aquí unha pequena cidade. Vendemos entradas en máis de 20 países e hoxe somos xa un dos festivais máis importantes de España", declarou Esteban Girón, o director de Comunicación de Bring the Noise.

A cidade, case chea desde comezo de mes, prepárase para cambiar o seu aspecto con outro perfil de turismo.

"Durante todo o mes son todos estranxeiros e agora que se achega o festival hai estadías maís longas, de xoves a domingo, e son españois", dixo Sara Santos, da Asociación de Turismo e Hostalería de Compostela.

Serán desde o xoves tres días de música. Máis de 120.000 espectadores en total, que este ano teñen o bo tempo garantido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade