Publicador de contidos

Publicador de contidos

Grupos tradicionais e grandes bandas na penúltima xornada do Festival de Ortigueira

Grupos tradicionais e grandes bandas na penúltima xornada do Festival de Ortigueira

Este ano cadra coa celebración do 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira, a promotora do festival

G24.gal 12/07/2025 14:24 Última actualización 12/07/2025 15:02

As bandas animan todo o día rúas e prazas, con actuacións musicais e bailes. Ortigueira está inmersa na fin de semana do seu festival e agarda unha afluencia masiva de visitantes.

"Acabamos de chegar. Conducimos desde as 7 da tarde, saímos de Barcelona e chegamos hai unhas catro horas"."Viñemos moitas veces porque nos gusta moito o ambiente, a xente e as gaitas", din uns rapaces.

Este ano, conmemórase o 50 aniversario da Escola de Gaitas. E festexouse o venres pola noite cun concerto no que participaron 150 gaiteiros e percusionistas de distintas etapas da formación.

"Algúns, como no meu caso, estivemos pouco tempo pero marcou unha etapa moi importante da nosa vida. Pertencemos a esta familia e pertenceremos sempre. Non me quero emocionar...".

A Escola de Gaitas de Ortigueira está orgullosa de ser a banda de gaitas máis antiga de Galicia e a que promoveu o nacemento do festival.

"Queda moita xente, moita remuda. Temos nenos desde os 10 anos e unha canteira incrible que cada día vén con máis ganas", explica Bruno Lozano, presidente da Escola de Gaitas de Ortigueira.

"A escola empezou no 75, o festival no 78 así dentro de tres anos temos que facer o 50 aniversario do festival, co cal estamos a celebrar medio século de moitas cousas", di Alberto Balboa, director do festival.

O grupo Milladoiro, tamén vinculado ao festival de ortigueira desde os inicios, actuará esta noite no escenario principal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade