Novas
Contido con Xeográficas .
Ourense

O campamento romano Aquis Querquennis de Bande está máis visible pola seca
11/08/2022 22:23
É un dos campamentos máis grandes e mellor conservados da península

Os catro incendios activos en Galicia queimaron case 3.000 hectáreas en dous días
11/08/2022 19:27
Desactivado o nivel 2 no distrito forestal XI O Ribeiro-Arenteiro
Xuntanse os incendios de Laza e Chandrexa de Queixa, queimando arredor de 2.100 hectáreas
Só hai constancia de danos en vivendas deshabitadas no núcleo de Trabazo

Un dron sobrevoa Vilar de Barrio para vixiar que se cumpran as restricións da auga
11/08/2022 16:50
Polo momento non se sancionará
Compróbase a enchedura de piscinas ou se se regan hortas e xardíns

Investigan o segredo da lonxevidade da xente do rural ourensán
10/08/2022 21:03
A provincia de Ourense conta con 391 persoas con 100 ou máis anos, é a provincia máis lonxeva do estado español
Un equipo de investigadores en colaboración coa Universidade de Vigo está a realizar un estudo sobre os factores que expliquen a longa vida dos ourensáns
Parten da hipótese de que a vida no rural favorece unha maior calidade de vida

Baixo control o incendio de Laza tras arrasar polo menos 740 hectáreas
10/08/2022 18:00
A Xunta deu por extinguidos os incendios de Ponte Caldelas e Verín e por estabilizado o de Carballeda de Valdeorras
O incendio de Chandrexa de Queixa leva calcinadas máis de 200 hectáreas

Case 1.400 hectáreas queimadas nos incendios de Laza, Carballeda e Chandrexa
10/08/2022 09:46
O incendio de Camba en Laza está activo e xa arderon 740 hectáreas
Activo tamén o lume de Queixa, en Chandrexa, onde xa se qeimaron 200 hectáreas
En Carballeda de Valdeorras está activo o de Casaio, onde arderon xa 440 hectáreas

Novo récord mundial de picar polbo no Carballiño: 515 quilos en once minutos
09/08/2022 21:47
A elaboración da tapa de polbo á feira máis grande do mundo abre a semana da Festa do Polbo
A festa fai 60 anos e declarouse este ano de Interese Turístico Internacional

Ourense e Leiro rozan os 41 graos noutra xornada de moita calor no interior de Galicia
09/08/2022 21:07
Localidades do sur de Lugo e da comarca de Valdeorras superan tamén os 40 graos

Dúas persoas falecen en senllos accidentes de tractor en San Amaro e Covelo
09/08/2022 20:05
O falecido en San Amaro caeu dun remolque a causa dunha fochanca e bateu contra a calzada
O finado en Covelo envorcou o tractor que manexaba nunha leira