Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un condutor perde o control e esnáfrase contra un farol en Ourense

Un condutor perde o control e esnáfrase contra un farol en Ourense

O accidente, no que non houbo feridos, obrigou a cortar o tráfico na rúa Curros Enríquez durante unha hora

A rúa Curros Enríquez de Ourense tivo que ser cortada ao tráfico
G24.gal 03/07/2025 16:48

Os veciños de Ourense aínda están conmocionados polo accidente rexistrado no centro da cidade a carón do parque de San Lázaro. Un coche que circulaba pola zona perdeu o control, invadiu a beirarrúa e acabou impactando contra un farol, que caeu sobre a calzada. Afortunadamente, non se rexistraron feridos.

O condutor explicou que perdeu o control do coche, que era automático. A Policía Local abriu unha investigación para esclarecer as causas exactas do sinistro.

Foi necesaria a intervención dos bombeiros para retirar o vehículo e o mobiliario urbano afectado. A rúa permaneceu cortada ao tráfico durante aproximadamente unha hora.

Na contorna, a palabra máis repetida é “milagre”, xa que o suceso puido ter consecuencias moito máis graves, dado o lugar e a hora en que se produciu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade