Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ourense conta con novos termómetros nas rúas para substituír o que asustaba coas súas marcas

Ourense conta con novos termómetros nas rúas para substituír o que asustaba coas súas marcas

Os vellos termómetros marcaban datos erróneos, e coa calor disparábase a temperatura

G24.gal 04/07/2025 14:04

O termómetro de Ourense, tantas veces gravado polas cámaras da TVG e doutros medios e tan fotografado por xornalistas, veciños e turistas, pasou a mellor vida.

Segundo o Concello de Ourense, cambiárono porque moitas veces marcaba datos erróneos. E, cando xa vai calor, ver esta temperatura abafa aínda máis.

Puxeron tamén outro termómetro moi fotoxénico na praza Bispo Cesáreo. Tres termómetros novos instalaron na cidade das Burgas, que desexan, agora si, dean datos precisos. E é que son moi consultados.

Haberá que agardar a que volvan os temidos 40 graos á cidade para saber se pasan da raia ou non.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar