Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cinco detidos e catro investigados por roubos en domicilios e en negocios de Ourense

Cinco detidos e catro investigados por roubos en domicilios e en negocios de Ourense

Tamén acúsanos de tres roubos con forza en estancos de Castrelo de Miño, Celanova e Froure nos que levaron tabaco por valor de 100.000 euros

 

Detidos na operación Sarxento Moreiras/ Garda Civil de Ourense Detidos na operación Sarxento Moreiras/ Garda Civil de Ourense
G24.gal 19/06/2025 17:38

A Garda Civil de Ourense detivo cinco persoas e investiga outras catro por presuntos delitos de roubo con forza en casas e establecementos comerciais, co que dá por desarticulada unha organización criminal.

A investigación iniciouse en setembro de 2024 despois de ter coñecemento do roubo con intimidación en Xinzo de Limia e que este podería ser cometido por varias persoas que terían "roles preestablecidos", de tal forma que uns obterían información da vítima, outros organizarían o roubo e outros levarían a cabo o feito delituoso.

No marco da denominada operación Sargento Moreiras, os ladróns protagonizaron tres roubos con forza cometidos entre setembro e outubro en domicilios de Xinzo de Limia, nos que se apoderaron nun deles de 30.000 euros en efectivo e noutro de trescentos euros.

A Garda Civil tamén lles atribúe outros tres roubos con forza cometidos en estancos de Castrelo de Miño, Celanova e Froufe, nos que se apoderaron de tabaco por valor de 100.000 euros.

Os cinco detidos, unha muller de 48 anos e dous homes de 54 e 22 anos, veciños de Xinzo de Limia; unha muller de 35, veciña de Ourense, e un home, de Arteixo (A Coruña), enfróntanse a numerosos delitos, entre os que se atopan roubo con forza, pertenza a organización criminal, estafa ou tenza ilícita de armas.

Ademais dos cinco detidos, outras catro persoas atópanse investigadas pola súa implicación nos feitos, en concreto dous internos do centro penal do Pereiro de Aguiar, un interno do Monterroso e un veciño de Vilar de Barrio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade