Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan un veciño de Arzúa por apropiarse de 65.000 euros dun ancián con problemas de memoria

Investigan un veciño de Arzúa por apropiarse de 65.000 euros dun ancián con problemas de memoria

O investigado, de 63 anos, foi visto co ancián nunha entidade bancaria retirando diñeiro

O sobriño da vítima foi quen puxo a denuncia, logo de ver os movementos na conta do ancián

Arquivo Arquivo
G24.gal 13/08/2025 12:16

A Garda Civil de Arzúa abriu unha investigación contra un veciño do concello de 63 anos por un presunto delito de apropiación indebida.

Segundo a Benemérita, o acusado retirou da conta bancaria dun home de 84 anos e con problemas de memoria ata 65.450 euros nos dous últimos anos.

A investigación iniciouse por mor dunha denuncia presentada polo sobriño da vítima. Un familiar do ancián observou ao investigado e á vítima nunha entidade bancaria retirando importantes cantidades de diñeiro.

Este familiar comentou os feitos co sobriño da vítima, cuxo pai é cotitular da conta do ancián e puido verificar os grandes movementos feitos na conta do ancián.

O diñeiro retirado non se correspondía cos gastos habituais do home, que vive só e ten problemas de memoria, e as dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Arzúa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade