Publicador de contidos

Publicador de contidos

A aldea do Puxedo, en Lobios, é exemplo de loita contra o feísmo en Galicia

A aldea do Puxedo, en Lobios, é exemplo de loita contra o feísmo en Galicia

O presidente da Xunta destacou que a meta é transformar outros lugares de Galicia para que sexan mellores sitios para vivir e visitar

As axudas do programa de corrección de impactos paisaxísticos nos últimos anos achéganse aos 12 millóns de euros

G24.gal 27/06/2025 14:30

A paisaxe invita a achegarse a coñecer O Puxedo, unha das aldeas que dá entrada ao parque do Xurés, no concello ourensán de Lobios. É o lugar que concentra máis axudas da Xunta para loitar contra o coñecido como feísmo.

Alí, o presidente da Xunta destacou que "se queremos que a xente quede no rural, volvan ao rural, que o rural teña vida, hai que facelo acolledor. Hai que volver ás súas esencias, pero tamén con todos os avances e as comodidades que agora mesmo a xente demanda".

Aquí apenas había turismo, e nos últimos anos abriron cinco aloxamentos e agardan chegar este ano ás mil pernoitas. Os preto de 200.000 euros de axudas mobilizaron tres millóns de euros de investimento privado.

Rueda puxo en valor a implicación da veciñanza: "O único que facemos é marcar a diferenza entre que alguén se decida a rehabilitar unha casa, a poñer un negocio, a dar ese paso importante... O mérito enorme téñeno todos os veciños que cren que se pode crear riqueza aquí".

Na convocatoria deste ano repartíronse dous millóns de euros, destinados a 430 actuacións en 55 municipios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade