Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un traballador tras caer dende unha altura en Carballeda de Valdeorras

Falece un traballador tras caer dende unha altura en Carballeda de Valdeorras

O accidente produciuse no lugar de Soutadoiro

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 25/06/2025 19:28 Última actualización 25/06/2025 20:18

Un traballador faleceu este mércores tras caer dende unha altura no lugar de Soutadoiro, no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras.

O accidente produciuse poucos minutos antes das 16:00 horas.

Varios particulares alertaron aos servizos de emerxencia e indicaron que o operario puido caer dende un tellado ou dunha escaleira.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense, así como axentes da Garda Civil e integrantes do GES de Valdeorras.

A pesar dos esforzos do equipo sanitario, non puideron facer nada por salvarlle a vida ao home.

A Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias do suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade