Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un traballador ao caer dun camión de recollida de lixo en Ourol

Falece un traballador ao caer dun camión de recollida de lixo en Ourol

Os sanitarios non puideron facer nada por salvar a vida do operario, que quedara inconsciente ao caer do camión de recollida de lixo

A vítima tiña 48 anos e era o seu primeiro día de traballo

G24.gal 01/07/2025 09:34 Última actualización 01/07/2025 13:38

Un operario que estaba a traballar no servizo de recollida de lixo do municipio lucense de Ourol, na comarca da Mariña, perdeu a vida a pasada madrugada ao caeer do camión, segundo informou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE).

Segundo a información facilitada pola central de emerxencias, o 112 Galicia recibiu aviso do sinistro ás 05:30 horas desta madrugada. Cando se produciu o accidente, a vítima estaba a traballar na Rúa da Igrexa, en Ourol.

Por causas que se descoñecen, caeu da parte traseira do camión no que era o seu primeiro día de traballo. O operario falecido tiña 48 anos e era veciño da parroquia de Bravos. O suceso causou unha fonda conmoción en todo este concello mariñao.

Tras recibir o aviso, ata o lugar do sinistro trasladouse un equipo sanitario de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Con todo, os sanitarios non puideron facer nada por salvar a vida do operario, que quedara inconsciente ao caer do camión de recollida de lixo. Para apoiar o equipo médico, o 112 Galicia mobilizou a Garda Civil e a agrupación de voluntarios de Protección Civil de Ourol.

A Garda Civil investiga agora as circunstancias do sinistro. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade