Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nove mortos pola explosión de camión de gas en Cidade de México

Nove mortos pola explosión de camión de gas en Cidade de México

Cinco persoas hospitalizadas e 22 lesionadas xa foron dadas de alta de distintos hospitais tras o sinistro ocorrido o mércores pola tarde no leste da cidade

REUTERS / Quetzalli Blanco REUTERS / Quetzalli Blanco
G24.gal 12/09/2025 08:52

Polo menos nove persoas morreron tras a explosión dun camión de gas no municipio de Iztapalapa na Cidade de México, segundo confirmou este xoves a Secretaría de Saúde Pública da capital mexicana.

Nunha nota informativa, a dependencia informou de que son nove persoas falecidas, 55 hospitalizadas e 22 lesionadas que xa foron dadas de alta de distintos hospitais, tras o sinistro ocorrido o mércores á tarde no leste da cidade.

Entre os falecidos, atópase Alicia Teodoro Matías, a muller de 49 anos que sufriu queimaduras en máis do 90 % do corpo tras protexer a súa neta de 2 anos das chamas, segundo a lista publicada polo Goberno da Cidade de México.

Tamén figura Ana Daniela Ramírez Barragán, unha estudante da Universidade Autónoma de México (UNAM), cuxo falecemento foi confirmado momentos antes pola institución educativa.

Dos 55 hospitalizados, 20 atópanse en estado crítico, 29 en estado delicado e seis en condición grave en distintas clínicas e hospitais da cidade.

O mércores á tarde, un camión cisterna con capacidade de 49.500 litros de gas envorcou e estoupou na Calzada Ignacio Zaragoza, á altura da Ponte da Concordia, na alcaldía Iztapalapa, no leste da capital mexicana. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade