Falece un operario tras caerlle enrriba a árbore que cortaba en Outes
Foi precisamente o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias o que alertou os bombeiros de Boiro

Un operario, de 31 anos de idade, faleceu na mañá deste xoves en Outes tras caerlle encima a árbore que cortaba.
Segundo informa o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña e o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 10:35 horas nunha zona de monte de Vilardigo, na parroquia de Cando.
Foi precisamente o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias o que alertou os bombeiros de Boiro, que se desprazaron ao momento. En concreto, unha persoa quedara atrapada baixo unha árbore mentres estaba cortándoa.
A pesar de todo, o médico de garda que se desprazou á zona só puido certificar a morte do home. Tamén acudiron ao momento a Policía Local de Outes, o GES de Noia, a Policía Xudicial, a Garda Civil e profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.