Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda será o delegado rexio na ofrenda ao Apóstolo

Rueda será o delegado rexio na ofrenda ao Apóstolo

Trátase dun encargo expreso do rei Filipe VI

Será a segunda vez do presidente da xunta no papel e a cuarta do monarca

O presidente da Xunta Alfonso Rueda, na súa chegada á ofrenda ao Apóstolo en 2023. Europa Press / César Arxina O presidente da Xunta Alfonso Rueda, na súa chegada á ofrenda ao Apóstolo en 2023. Europa Press / César Arxina
G24.gal 16/07/2025 11:27

O presidente da Xunta Alfonso Rueda exercerá de delegado rexio na ofrenda ao Apóstolo 2025 por encargo do rei Filipe VI. O evento será o próximo 25 de xullo, Día Nacional de Galicia.

Será a segunda vez que Rueda asume este rol, logo de substituír a Alberto Núñez Feijóo no 2023. A celebración terá lugar na capital galega.

En canto ao monarca, a última vez que se encargou de presidir a ofrenda foi no 2022; esta é a cuarta vez que desempeña esa función. Tamén acudiu no 2021 e no 2020.

Polo xeral, a Casa Real selecciona un delegado, que o ano pasado foi o presidente do Parlamento Miguel Santalices

Os antigos delegados

Remontando a máis de 20 anos atrás, no 2000 foi Manuel Fraga, o daquela presidente da Xunta, quen cumpriu esa función. Tamén foi encargado nos anos 2001, 2005 e 2008.

No 2002 a encargada foi a infanta Cristina e, no 2003, o daquela presidente do Parlamento José María García Leira. Para o ano 2007, a súa sucesora Dolores Villarino foi a escollida, e un ano antes, no 2006, o presidente autonómico Emilio Pérez Touriño.

O máximo dirixente do Partido Popular, Núñez Feijóo, exerceu como delegado rexio nos anos 2009, 2015 e 2017. Tamén foi escollido para o 2013, mais o accidente de Angrois fixo que esta non se levase a cabo.

Outra presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, foi designada en 2011 e para un ano despois foi o rexedor da cidade, Ángel Currás

Para o 2019 foi por cuarta vez Xosé Sánchez Bugallo, logo de regresar á alcaldía oito anos despois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade