Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sorprenden dous furtivos con 60 quilos de ostra extraída ilegalmente en Viveiro

Sorprenden dous furtivos con 60 quilos de ostra extraída ilegalmente en Viveiro

Os dous denunciados carecían de autorización para mariscar e tiveron que devolver os moluscos ao mar 

G24.gal 16/07/2026 13:19 Última actualización 16/07/2026 13:30

Axentes da Garda Civil sorprenderon dous furtivos con 60 quilos de ostra rizada extraída ilegalmente na ría de Viveiro (Lugo). Os dous homes, veciños de Ponferrada (León), foron denunciados por presuntas infraccións da normativa que regula a pesca e o marisqueo en Galicia. 

Os feitos ocorreron o pasado sábado pola mañá, cando un axente da Garda Civil que se atopaba fóra de servizo observou dúas persoas mariscando de forma ilegal na zona rochosa do espigón da praia de Covas e deu aviso aos seus compañeiros. 

A patrulla desprazada ao lugar localizou os sospeitosos cando extraían ostra nunha zona na que a actividade está prohibida e comprobou que ningún deles dispoñía da autorización administrativa necesaria. 

Os axentes interviñeron os 60 quilos de ostra rizada e diverso material empregado para a súa extracción e transporte. Os moluscos, que procedían dunha zona clasificada como C, con elevado risco de contmainación microbiolóxica, foron devoltos ao seu medio natural. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade