Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os mariscadores de Barallobre sementan 25.000 unidades de ostra plana nas praias

Os mariscadores de Barallobre sementan 25.000 unidades de ostra plana nas praias

A semente forma parte dun proxecto de rexeneración dos bancos da ría de Ferrol avalado con fondos europeos

G24.gal 01/04/2026 14:20

Os areais que rodean a confraría de Barallobre serven de banco de proba para un proxecto de rexeneración avalado con fondos europeos.

"Vimos que había posibiliade de traer cría de ostra e metela nas mesas e nos pochóns. Aí métese a semente e vai medrando", explica o Patrón maior de Barallobre, Jorge López. 

Un traballo laborioso que lles levou todo o outono e os meses duros de inverno. O resultado é todo un éxito.

"Tivemos a capacidade de sacar máis de 25.000 unidades. Repoboamos as novas praias e ademais vai ter a capacidade de desovar e vainos deixar tamén alevíns", di o patrón maior de Barallobre.

Os mariscadores calculan que será tras o verán cando poidan iniciar a campaña de recollida dun produto con moito valor de mercado.

"A cotización pode andar entre os seis e dez euros por quilo a ostra plana", calcula Jorge López. 

Na confraría de Barallobre estudan agora como poder estender este sistema a outras especies como é o caso da ameixa e a zamburiña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade