Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido en flagrante no Porriño tras roubar a caixa rexistradora dun bar

Detido en flagrante no Porriño tras roubar a caixa rexistradora dun bar

O sospeitoso tiña antecedentes e unha orde xudicial de busca e ingreso en prisión 

Garda Civil Garda Civil
G24.gal 16/07/2026 12:45

A Garda Civil detivo un mozo de 25 anos como presunto autor dun roubo con forza nun establecemnto de hostalaría do Porriño. O arrestado, que contaba con antecedentes e tiña en vigor unha orde xudicial de busca e ingreso en prisión, foi localizado apenas uns minutos depois de cometer o delito. 

Os feitos ocorreron na madrugada do 15 de xullo. Tras recibir o aviso dun posible roubo, unha patrulla comprobou que o cristal da porta de acceso ao local fora fracturado e que a caixa rexistradora desaparecera. 

Pouco despois, una nova chamada alertou de ruídos sospeitosos nas inmeidacións dunha igrexa. Os axentes sorprenderon alí o sospeitoso, que permanecía agochado mentres intentaba manipular a caixa rexistradora subtraída. 

O detido foi posto, xunto coas dilixencias policiais, á disposición da autoridade xudicial. A Garda Civil destacou que a rapidez da actuación foi posible grazas á colaboración cidadá. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade