Comerciantes de Santiago gravan os ladróns cando roubaban nas súas tendas
Entran nos negocios e, cando os vendedores están con clientes, aproveitan para levar o que poden: bolsos, roupa ou calquera outro obxecto
As cámaras de seguridade rexistran o modus operandi dos ladróns. Entran nas tendas e, cando os vendedores están con clientes, aproveitan para levar o que poden: bolsos, roupa ou calquera outro obxecto.
Polo que se ve, a presenza das cámaras non supón ningún obstáculo para realizar estes furtos.
Nunha tenda da zona vella de Santiago, o último que levaron é un suadoiro, pero xa roubaron máis veces outros obxectos.
"Un auricular, unha mochila... Non sei moi ben porque teño que mirar o vídeo. Ese mozo, moi mal!", din nun dos comercios afectados.
Estes roubos preocupan a outros comerciantes da zona. Algúns xa pasaron por isto noutras ocasións.
"Un mozo rompeu a vitrina ás cinco da mañá, e levas o susto porque chama a policía, non sabes o que pasou, chegas e atopas o panorama moi mal", engaden noutra tenda.
Din que se senten impotentes ante estas situación e pensan que habería que tomar medidas para evitar accións coma estas.