Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden incrementar a seguridade na estrada de Mos onde atropelaron unha peregrina

Piden incrementar a seguridade na estrada de Mos onde atropelaron unha peregrina

A Garda Civil trata de dar co condutor que atropelou á camiñante e que fuxiu do lugar do suceso

G24.gal 16/07/2026 13:48

Os veciños de Mos están fartos de alertar da perigosidade da estrada nacional 550 ao seu paso por algúns puntos deste concello. No camiño da Quiringosta a diario presencian escenas nas que os peregrinos piden aos condutores que reduzan a velocidade ou desafían a sorte para poder cruzar a estrada pola que travesa o Camiño de Santiago.

Nas últimas horas tiveron que auxiliar unha peregrina. Atropelárona e o condutor fuxiu. 

Os veciños levan moito tempo denunciando a perigosidade dunha vía que rexistra moito tránsito. Cruzar ou saír da casa convértese para eles nunha auténtica odisea. 

Non é o único punto conflitivo. A poucos metros está a zona comercial de Ameiro Longo onde conviven perigosamente peóns, peregrinos e vehículos. Reclaman converter estes tramos en travesías urbanas coa sinalización adecuada para que poidan convivir con seguridade. 

A peregrina atropelada tivo que ser trasladada a un centro hospitalario. A Garda Civil mantén aberta unha investigación e busca o condutor que escapou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade