Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Xapón toma como referencia o sistema de prevención de incendios de Galicia para evitar unha nova catástrofe

O Xapón toma como referencia o sistema de prevención de incendios de Galicia para evitar unha nova catástrofe

Unha canle xaponesa céntrase no sistema galego de prevención de incendios como modelo

Fanse eco das últimas tecnoloxías incorporadas aquí para a loita contra os incendios, como os drons con cámaras térmicas

G24.gal 16/07/2025 10:30

O Xapón sufriu este ano os seus peores incendios forestais en décadas, e unha das principais canles do país emitiu unha reportaxe sobre a prevención do lume, con varias referencias a Galicia. 

Amosan o traballo da Unidade de Investigación de Incendios, que utiliza drons equipados con cámaras térmicas para detectar focos de calor e posibles movementos sospeitosos. E inclúen declaracións do responsable desta unidade. 

E tamén de Manuel Rodríguez, director xeral de Defensa do Monte, que fala da nova realidade en que os incendios forestais aumentan en frecuencia e intensidade. Di que hai que estar preparados e que non hai tempo de sobra. 

Tamén se menciona o centro de coordinación dende o que monitorizan os montes galegos cunhas 200 cámaras de vixilancia.

A reportaxe emitiuse a pasada fin de semana e conclúe que prevención, tecnoloxía e planificación territorial deben combinarse para facer fronte e anticiparse a un novo tipo de incendios cada vez máis explosivos, polo cambio climático, e ás veces, incluso, imposibles de extinguir. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade