Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigado un veciño de Astorga por un incendio de 100 hectáreas en Carballedo

Investigado un veciño de Astorga por un incendio de 100 hectáreas en Carballedo

Parece que a orixe do lume foi unha roza

A Garda Civil impútalle un delito de incendio forestal

G24.gal 03/10/2025 15:25

A Garda Civil imputa en calidade de investigado un veciño de Astorga de 59 anos de idade, como presunto autor dun incendio forestal de 100 hectáreas en Carballedo en agosto mentres facía traballos de roza. A este home impútaselle un delito de incendio forestal ocorrido na parroquia da Cova. Foi necesario activar o nivel dous de emerxencia pola súa proximidade a casas e estivo interrompida a circulación na rede viaria local.

Tras iniciar unha investigación, levada a cabo polo Equipo Multidisciplinar de investigación de incendios forestais, "púidose constatar que a orixe do incendio se debeu aos traballos de roza realizados por maquinaria agrícola na vía que discorre en dirección ao encoro dos Peares". As dilixencias policiais foron remitidas á autoridade xudicial.

A Garda Civil destaca que as persoas investigadas no que vai de ano como presuntos autores dun delito de incendio forestal "foron na súa maioría por imprudencias, sendo as causas máis habituais o incumprimento nas condicións impostas na autorización ou comunicación na realización de queimas, imprudencias en traballos forestais e dolo".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade