Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deshidratación, esgotamento e golpes de calor son os perigos de traballar fóra nestes días

Deshidratación, esgotamento e golpes de calor son os perigos de traballar fóra nestes días

G24.gal 29/06/2025 21:03

As altas temperaturas rexistradas estes días supoñen un reto importante para os traballadores. A calor intensa non só fai que as tarefas diarias sexan máis difíciles, senón que tamén poñen en risco a saúde dos empregados.

Nestes días sufocantes é difícil librarse da calor, pero para aqueles que están traballando no exterior é unha misión imposible.

A deshidratación, o esgotamento e os golpes de calor son perigos reais que se deben tomar en serio e así o salienta a doutora Sheila Quintas, médico de atención primaria no PAC de Ourense.
 

Ante estos síntomas é moi importante a hidratación constante e manterse na sombra o máximo posible.

Os taxistas da estación de Renfe de Ourense son dos traballadores que máis o sofren, non teñen unha sombra en toda a parada, explica Fran Álvarez,  presidente da Asociación Provincial de Taxis.

Se detectamos que nos está dando un golpe de calor o primeiro que debemos facer é sentarnos para evitar a caída, hidratarnos e pedir axuda ou dar aviso a emerxencias 112 ou ao 061.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade