Publicador de contidos

Publicador de contidos

Diego Regueira, novo presidente do COB, confía en Moncho López ata o 2028

Diego Regueira, novo presidente do COB, confía en Moncho López ata o 2028

Regueira: "Xerar dinámica positiva e ser ambiciosos. Moncho López achéganos calma"

En 2028 o COB estará de aniversario, fará 50 anos

G24.gal 19/06/2025 14:12 Última actualización 19/06/2025 14:18

Estabilidade, ese é o obxectivo do COB Ourense, que comeza unha etapa distinta con Diego Regueira na presidencia. Regueira traballa a longo prazo, a tres anos. Por iso Moncho López será o adestrador ata 2028.

Tamén a dirección deportiva con Sergio Pérez ten o apoio da entidade para construír un proxecto que ilusione á afección ourensán e que teña a ACB no punto de mira.

"Xerar dinámica positiva e ser ambiciosos. Moncho López achéganos calma".

"E queremos xogadores con ganas. O obxectivo é a estabilidade e levar ao COB á ACB".

En 2028 o COB estará de aniversario, fará 50 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade