Cargando resultados...
Jesús Arribas, técnico do Arenteiro: "Quero que a xente goce co equipo"
Arribas ten 28 anos e chega do Raio Majadahonda
G24.gal
20/06/2025 14:32
Última actualización 20/06/2025 14:41
Presentado en sociedade Jesús Arribas. Será o adestrador do Arenteiro con só 28 anos. Arribas será o responsable no banco do Espiñedo na terceira temporada da entidade do Carballiño en Primeira Federación.
"É un equipo moi próximo con materia prima para medrar. Seguino estes anos. Emocionado".
"Que a xente goce co equipo. Protagonista e valente. Que represente O Carballiño".
Nestes tres anos houbo tres adestradores, Javi Rey, Raúl Jardiel e agora Jesús Arribas que chega do Raio Majadahonda.