Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reclaman o arranxo dunha pasarela de madeira, único acceso a unha vivenda da Bola

Reclaman o arranxo dunha pasarela de madeira, único acceso a unha vivenda da Bola

Está moi deteriorada por mor da podremia que afecta as táboas da infraestrutura

G24.gal 25/06/2025 14:24

Foi tras a pandemia cando Sonia e Miguel decidiron cambiar Madrid pola tranquilidade do rural ourensán. Rehabilitaron un antigo muíño propiedade da familia da Bola. O único acceso é unha pasarela de madeira sobre o río Orille que serve de linde entre este concello e o de Celanova. Reforzárona con táboas para acometer os traballos e puxéronse en contacto cos dous consistorios para solicitar o arranxo da infraestrutura na que tamén ten competencia a Confederación Hidrográfica. 

Pasou o tempo e a deterioración, din, foi a máis, facendo case intransitable esta ponte, chea de buratos e táboas soltas. Un perigo ao que se enfronta cada día para entrar e saír da súa casa.

Dende o Concello da Bola comprometéronse a levar a cabo o arranxo. Xa tramitaron a autorización necesaria e encargaron os materiais polo que contan, subliñan, comezar en breve.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade