Retencións quilométricas na fronteira entre Galicia e León polas novas obras no viaduto do Castro
Os traballos para impermeabilizar o taboleiro da A-6 e estender o firme definitivo no viaduto durarán dous meses
Para garantir a seguridade dos traballadores e os usuarios da vía, cortarán a calzada dereita da A-6 entre os quilómetros 428 e 432 e o tráfico será desviado pola calzada sentido Madrid, que habilitarán con circulación de dobre sentido
O inicio das obras que afectarán o tráfico durante uns dous meses no viaduto do Castro provocou xa as súas primeiras retencións desde a mañá deste luns. Os atascos, segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), esténdense durante varios quilómetros a partir do seu paso por Pedrafita do Cebreiro.
O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible informou de que inicia este luns os traballos para impermeabilizar o taboleiro e estender o firme definitivo no viaduto, situados na contorna das localidades de Vega de Valcarce e Pedrafita. Para garantir a seguridade dos traballadores e os usuarios da vía, o Ministerio trasladou que se cortará a calzada dereita da A-6 entre os quilómetros 428 e 432, e o tráfico será desviado pola calzada sentido Madrid, que habilitarán con circulación de dobre sentido.
As afectacións ao tráfico comezaron este luns ás 8:00 horas e os traballos, previsiblemente, prolongaranse durante dous meses.
Así mesmo, cortarase ao tráfico o ramal de saída cara a Pedrafita do Cebreiro e N-6 da ligazón do quilómetro 431. Os condutores poñerán realizar antes esta saída no bypass coa N-6, no km 428. Para a disposición desta saída provisional, será necesario cortar o tráfico da N-6 en sentido Madrid desde a glorieta da ligazón do km 431.
Todos os desvíos estarán convenientemente sinalizados, mentres que os transportes especiais poderán seguir circulando en xanelas nocturnas habilitadas para o efecto.
O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible inicia este luns os traballos para impermeabilizar o taboleiro e estender o firme definitivo na A-6 no viaduto do Castro, situados na contorna das localidades de Veiga de Valcarce (León) e Pedrafita do Cebreiro (Lugo).
Segundo informou o MITMA nun comunicado, para garantir a seguridade dos traballadores e os usuarios da vía, cortarán a calzada dereita da A-6 entre os quilómetros 428 e 432 e o tráfico será desviado pola calzada sentido Madrid, que habilitarán con circulación de dobre sentido.
As afectacións ao tráfico comezan este luns e os traballos, previsiblemente, prolongaranse durante dous meses. Así mesmo, cortarán ao tráfico o ramal de saída cara a Pedrafita do Cebreiro e N-6 da ligazón do quilómetro 431. Os condutores poderán realizar antes esta saída no bypass coa N-6, no km 428.
Para a disposición desta saída provisional, será necesario cortar o tráfico da N-6 en sentido Madrid desde a glorieta da ligazón do km 431. Todos os desvíos estarán convenientemente sinalizados, mentres que os transportes especiais poderán seguir circulando en ventás nocturnas habilitadas para o efecto.