Activo un incendio en Chandrexa de Queixa, que afecta máis de 50 hectáreas
Iniciouse de madrugada na parroquia de Parafita
Para a súa extinción mobilizáronse un técnico, 3 axentes, 7 brigadas, 4 motobombas, unha pa, 2 helicópteros e 3 avións

A Consellería do Medio Rural informou dun incendio que se declarou a pasada madrugada e que se mantén activo no municipio de Chandrexa de Queixa (Ourense), afectando polo momento a máis de 50 hectáreas.
Segundo fontes da Consellería, o lume iniciouse pouco antes das 1:00 horas da madrugada, na parroquia de Parafita e para a súa extinción mobilizáronse por agora un técnico, 3 axentes, 7 brigadas, 4 motobombas, unha pa, 2 helicópteros e 3 avións.
Medio Rural lembrou que está ao dispor dos cidadáns o teléfono gratuíto 085 para avisar en caso de detectar algún incendio forestal. Tamén hai un teléfono gratuíto e anónimo, o 900 815 085, para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria.