As antigas cocheiras de autobuses urbanos de Ourense son ocupadas por persoas sen fogar
A veciñanza do barrio ourensán do Pino recolleu xa máis de 200 sinaturas para pedir máis vixilancia
Denuncian inseguridade e aumento da delincuencia
Están á procura do propietario das naves para posibilitar o desafiuzamento
Veciños do barrio do Pino, de Ourense, comezaron a recoller sinaturas para pedir máis vixilancia policial ante o aumento da delincuencia, din, tras a ocupación por persoas sen fogar dunhas naves abandonadas. Din sentirse moi inseguros e están tentando localizar o propietario das naves para avanzar no seu desafiuzamento.
Son as naves que a antiga concesionaria de autobuses urbanos de Ourense empregaba de cocheiras. Abandonadas hai anos, son dende hai un mes acubillo de persoas sen fogar.
Acceden á propiedade privada, segundo a veciñanza, por un carreiro cuberto de maleza.
No barrio do Pino xa comezaron a mobilizarse, presentaron tres escritos na Subdelegación do Goberno en Ourense e están a recoller sinaturas; xa levan 200 para pedir máis vixilancia.
Teñen a esperanza de dar axiña co propietario do recinto para instalo a que presente unha demanda que posibilite o desafiuzamento.