O incendio da casa ocupada de Marín non deixou feridos
As principais sospeitas chegaban da posibilidade de que alguén estivese dentro ocupándoa
A policía xa investiga as posibles causas do incendio
A casa que ardeu de madrugada en Marín aínda botaba fume esta mesma mañá. A vivenda levaba tempo abandonada, mais falábase da posibilidade de que houbese alguén dentro, pois era frecuentemente utilizada por persoas sen teito.
Os bombeiros de Porriño acudiron á emerxencia e a casa quedou finalmente calcinada. O traballo de extinción complicouse debido a que o teito acabou cedendo e derrubándose.
A pesar da alerta pola posibilidade de que a casa tivese persoas dentro, finalmente non houbo que lamentar ningún ferido.
Os veciños da vivenda foron desaloxados para evitar riscos, mais xa puideron volver ás súas casas unha vez extinguido o lume. Afortunadamente as lapas non se estenderon á leira que ten a vivenda chea de maleza.
A policía xa se encontra investigando as causas do incendio para dar unha resposta o antes posible.