Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ata o 2 de xullo está aberto o prazo de matrícula para as case 50.000 prazas de FP en Galicia

Ata o 2 de xullo está aberto o prazo de matrícula para as case 50.000 prazas de FP en Galicia

O vindeiro curso haberá corenta novas titulacións de Formación Profesional en Galicia

A matrícula para FP pode facerse a través de Internet

Os centros de galegos ofrecen case 50.000 prazas para o vindeiro curso

G24.gal 16/06/2025 13:49

Ata o dous de xullo está aberto o prazo para matricularse nas máis de 250 titulacións de Formación Profesional dos centros públicos de Galicia. Para o vindeiro curso ofértanse 2.450 prazas máis que este ano.

Os responsables dos centros públicos de Formación Profesional de toda Galicia renúnense estes días para falar das novidades que chegarán en setembro. En Galicia, súmanse o vindeiro curso unhas 2.450 prazas máis na FP e engádense 40 novas titulacións.

Elisa vai facer un grao medio de deportes. Entre outras cousas, entende que a Formación Profesional facilita o acceso a un traballo. 

Ata o dous de xullo está aberto o prazo de matrícula para a FP. O trámite pode facerse a través da Internet. Hai case 50.000 prazas, só en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade