Publicador de contidos

Publicador de contidos

A FP ten cada vez máis éxito en Galicia

A FP ten cada vez máis éxito en Galicia

Seis de cada dez ciclos de Formación Profesional xa completaron a súa matrícula na primeira quenda

A oferta para o vindeiro curso inclúe 855 títulos de grao básico, medio e superior

G24.gal 17/07/2025 13:12

Unha vez asignadas as prazas, toca matricularse. Imaxes coma esta repítense estes días nos centros de FP, onde se forman longas ringleiras para facer este trámite.

"É un reflexo do éxito que está tendo a formación profesional na nosa comunidade", asegura José Luis Blanco, director do Instituto Politécnico de Lugo.

A alta demanda eleva as notas de corte. Este centro lugués ten a máis alta de Galicia, é a nota para acceder ao ciclo superior de Laboratorio Clínico e Biomédico, o último alumno que entrou fíxoo cun 8,45.

"Concretamente, este ciclo ten moita demanda, tamén o usan moitos alumnos como trampolín para dar o salto á universidade", engade Blanco.

Os ciclos da rama sanitaria xunto cos de servizos seguen a ser os máis solicitados.

"Eu vou estudar protésico dental porque sei que ten saída", di unha moza. Outra comenta: "Eu optei polo sector servizo co ciclo de Atención a persoas drogodependentes".

Con traballo seguro saen os que se decantan pola rama industrial. 

"Eu decanteime por carpintería de mobles, é o que máis me gusta", di un mozo.

Este curso solicitaron un ciclo de Formación Profesional máis de 56.000 persoas, son case 2.000 máis ca no curso anterior. Tamén medra a oferta de ciclos, 855.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade