Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xunta e empresarios reforzan a alianza para impulsar a FP dual

Xunta e empresarios reforzan a alianza para impulsar a FP dual

Alfonso Rueda e Juan Manuel Vieites asinan un protocolo que inclúe a creación do Selo Empresa Comprometida

Este curso a FP superou en Galicia un novo récord, con case 69.000 alumnos matriculados, e xa son mas de 15.000 as empresas que colaboran coa Xunta na formación dos estudantes

G24.gal 13/06/2025 15:15

As empregas que apoien a FP Dual recibirán un selo acreditativo que lles dará vantaxes, por exemplo, na contratación pública. É un dos puntos do protocolo que asinaron o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, nun acto celebrado este venres en Santiago para impulsar esta formación.

Este curso académico a FP superou en Galicia un novo récord, con case 69.000 alumnos matriculados, e xa son mas de 15.000 as empresas que colaboran coa Xunta na formación dos estudantes. A taxa de inserción laboral da FP é do 85 % e do 97 % no caso da dual.

Alfonso Rueda destaca a aposta de Galicia por medidas pioneiras en España, como a FP acelerada para sectores con demanda urxente de profesionais. O presidente di que un dos obxectivos é atraer alumnado de fóra para formarse aquí en sectores que precisan cubrir vacantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade