Morre unha muller de 66 anos nun accidente de tráfico con 5 feridos no Pino
O accidente deuse por unha colisión entre unha furgoneta e un turismo
Dos 5 feridos hai un grave e 2 leves que xa foron trasladados ao CHUS de Santiago

Unha muller faleceu nun accidente de tráfico esta mañá na A-54, cerca da saída 77, no seu paso polo concello do Pino, na Coruña. Ademais, outras cinco persoas quedaron feridas das cales unha está grave, dúas leves e dúas ilesas.
Segundo o Consorcio Provincial de bombeiros, o accidente tivo lugar polo choque entre unha furgoneta e un turismo en que ían 5 persoas, e precisouse a actuación dos bombeiros de Arzúa para as operacións de rescate.
A persoa falecida trátase dunha muller de 66 anos de nacionalidade arxentina que viaxaba no asento posterior esquerdo e facía uso do cinto de seguridade.
O condutor da furgoneta quedou ferido leve e o do turismo saíu ileso. Ningún dos dous dou positivo en drogas ou alcohol. O outro ileso foi un rapaz que viaxaba no centro da parte traseira do turismo. O resto de viaxantes do turismo, un está grave e dous leves.
O operativo segue activo na estrada que une Lugo e Santiago. Tamén intervén a Garda Civil, ademais de Emerxencias, e o dispositivo de mantemento de estradas.
Os cinco feridos xa foron trasladados ao CHUS de Santiago, catro en ambulancia e outra en helicóptero.