Cargando resultados...
Unha parroquia de Quiroga ofrece un obradoiro para aprender a ser campaneiro
O crego de Santa María da Ermida quere evitar que se perda unha sabedoría que é patrimonio de todas e todos
G24.gal
07/09/2025 20:55
Xesús Río, crego de Santa María da Ermida e doutras dezanove parroquias dos concellos de Quiroga e O Courel, non quere que se perda a sabedoría e a tradición do toque de campás, por iso abre a todo o mundo que estea interesado a posibilidade de asisitir a obradoiros para aprender a tocar a campá, unha linguaxe que antes coñecía a veciñanza de calquera lugar e que hoxe en día estase perdendo.
Estivemos con membros da Asociación de Campaneiros de Galicia, e aprendéronnos varios toque diferentes... a defunto, a lume, ou mesmo unha tanxidura típica da zona da Estrada para escorrentar o trono.