O triunfo viral dos saberes tradicionais galegos
Luis do Río ten 50.000 seguidores nas redes con vídeos sobre cultura galega
Luis do Río, mozo divulgador da cultura tradicional galega, explícanos o que ten entre masns: un enredo ou xogo que consiste en coller un pauciño e meterlle unha folla dentro. Logo ao soprar bate e vibra e soa...é un xogo que loce moito, asegura para explicar o seu éxito en redes.
Con este cantagalos, Luis chegou a facerse viral nas redes en 2023. Actualmente xa ten 50 mil seguidores e segue sumando cos seus vídeos de brinquedos, de como enrestrar cebolas ou de como facer unha gaita cunha palla.
Neste caso é avea brava ou bouba que son uns cilindros que teñen nos. Ábrese unha menbrana, queda unha lapeliña e cando corre o aire vibra e fai ruído.
Ten publicada unha investigación sobre o sancosmeiro e o seu último libro, publicado en abril, recolle o que aprendeu da cesteiría de madeira, case extinta.
Este cesto está feito todo con lamas de madeira, non ten vimbios, non ten pólas. Falarmos de que madeira vale, de como se abre, de como se labra e de como se emprega para traballar nesta cesteiría.
A súa curiosidade polos saberes tradicionais non ten límite desde que era un neno cando aprendía do seu avó Arturo que actualmente, aos seus 90 anos, están moi orgulloso do neto.
Síntome moi orgulloso del e de que teña interese polas cousas nosas de Galicia porque xa os nosos antergos, hai milenios, usaban os produtos da natureza.
Pola súa parte, Luis enórgullécese de facer que a xente saia ao monte pero agora quere cultivar a súa faceta de músico coas súa gaita aínda que di, non vai deixar de preguntar e aprender do seu redor.