Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Ponte... nas Ondas", referente mundial da salvagarda do Patrimonio Inmaterial

"Ponte... nas Ondas", referente mundial da salvagarda do Patrimonio Inmaterial

A UNESCO seleccionou a plataforma de difusión radiofónica entres as catorce experiencias máis relevantes

Leva 30 anos de traballo ininterrompido nos centros educativos das dúas beiras do Miño

G24.gal 13/12/2025 14:25 Última actualización 13/12/2025 14:56

A UNESCO reforza a proxección internacional de "Ponte… nas Ondas!" ao incluíla entre as catorce experiencias seleccionadas como referencias mundiais para o lanzamento da súa plataforma de Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial. Esta plataforma aspira a poñer o foco no traballo efectivo de transmisión do patrimonio.

A elección de "Ponte... nas Ondas!" recoñece máis de 30 anos de traballo ininterrompido na transmisión do patrimonio cultural galego-portugués ás novas xeracións. Esta tarefa desenvolveuse, nun inicio, a través da radio e, posteriormente, mediante pódcast. Durante este tempo, alumnos e profesores de máis de 3.000 centros educativos de ambas as beiras do Miño traballaron na investigación e difusión de xogos tradicionais, expresións orais e cultura gastronómica, entre outros elementos do patrimonio inmaterial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade