Publicador de contidos

Publicador de contidos

Amantes do debuxo quedan en Lugo cada semana para retratar recunchos da cidade

Amantes do debuxo quedan en Lugo cada semana para retratar recunchos da cidade

Adoitan quedar en grupos, coñecidos polo termo inglés urban sketchers

Na capital lucense creouse hai un ano un colectivo que cada día conta con máis integrantes

G24.gal 07/09/2025 21:09 Última actualización 07/09/2025 21:19

Calquera espazo pode ser retratado e o seu caderno é unha historia feita debuxo. Estamos a falar de ilustradores da realidade que na súa denominación en inglés se coñecen como urban sketchers. 

Armados cun caderno e pintura ou lapis, acostuman quedar en grupo para debuxar. Observan o que os rodea, pintan o que ven, e levan un anaco de realidade no seu caderno. 

A comunidade de ilustradores urbanos do cotián é un movemento mundial que anima a debuxar e coñecer o que outros pintan a través das redes sociais. En Lugo, o colectivo creouse hai un ano e cada día conta con máis integrantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade