Publicador de contidos

Publicador de contidos

A parroquia de Castelo, en Taboada, celebra a tradicional Queima das Fachas

A parroquia de Castelo, en Taboada, celebra a tradicional Queima das Fachas

É unha tradición milenaria que estivo a piques de desaparecer nos anos 90

G24.gal 07/09/2025 21:09

Todo está preparado na parroquia de Castelo, en Taboada, en plena Ribeira Sacra, para celebrar a queima das fachas. É unha tradición milenaria que estivo a piques de desaparecer nos anos 90 cando só deron feito tres.

"Hoxe temos 28 fachas, normalmente xuntamos sobre 30, algunha vez 32. É o día en que a xente de Castelo que está fóra vén á parroquia, vémonos, estamos todos unidos e ver toda a iluminación pola noite é algo que non se pode explicar con palabras, hai que velo, é algo moi especial", conta Manuel Fidalgo Gayoso, presidente da Asociación Cultural As Fachas.

O traballo comeza en agosto cando a xente vai buscar os arbustos secos, os agucios, cos que montar as fachas, que poden superar os oito metros de altura. 

"Ao ser de aquí gústanos seguir esta tradición antiga o máximo que poidamos. Somos poucos os que nos dedicamos a facer as fachas", di un dos veciños que elaborou catro das fachas.

O día da festa carrétanas ata o castro e colócanas en forma circular, enterradas pola base, para queimalas á medianoite. 

"O lume ten esa dualidade, destrutiva por un lado e, por outro lado, tamén se utilizou de maneira ritual como protección. E aquí vemos varios símbolos que poden indicarnos iso: o propio dominio do lume na propia facha e o feito de que haxa unha circunferencia no castro, que a circunferencia está moi ligada á protección", explica un investigador das festas con lume.

A festa conta coa declaración de Interese Turístico de Galicia e é un ben de interese cultural. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade