Unha colisión entre un turismo e un camión obrigou a desviar o tráfico na A-52, sentido Benavente
Quedou ferido o condutor do turismo no accidente, que se produciu contra as seis e media da mañá deste sábado
Foi necesario cortar o tráfico en sentido Benavente para retirar o camión que quedara envorcado por mor do accidente
Ao mediodía o tráfico xa estaba restablecido

A autovía A-52 sufriu este sábado pola mañá en Allariz un corte de tráfico en sentido de circulación a Benavente. O corte do tráfico debeuse á colisión entre un turismo e un camión no quilómetro 210. O condutor do turismo quedou ferido e o camión envorcado, polo que houbo que desviar o tráfico pola N-525 mentres se retiraba este vehículo.
O 112 tivo coñecemento deste accidente ás 06:55 da madrugada deste sábado, segundo informa Emerxencias de Galicia.
O #112Galicia tivo constancia deste accidente ás 06:35 horas.
— 112 Galicia (@112Galicia) September 6, 2025
▶️ Un turismo e un camión colidiron, quedando este último envorcado.
▶️ O condutor do turismo resultou ferido.
📢 Mentres se procede á retirada do camión, a circulación no punto permanece interrompida. https://t.co/S0qDgyYm2A