Publicador de contidos

Publicador de contidos

Renfe reforza o plan de transporte polas obras entre Vigo-Guixar e Redondela

Renfe reforza o plan de transporte polas obras entre Vigo-Guixar e Redondela

O plan alternativo de transporte por estrada, que inclúe autobuses e taxis, e as modificacións en trens rexionais, Alvia e Intercity pillaba algúns pasaxeiros por sorpresa

Renfe programou máis de 350 servizos de autobús e o dispositivo tamén inclúe uns 70 servizos de taxi para garantir a mobilidade dos viaxeiros durante seis fins de semana

Adif avanza na modernización da liña Ourense-Vigo para a súa adecuación ao Corredor Atlántico

G24.gal 07/09/2025 21:18 Última actualización 07/09/2025 22:05

Renfe pretende garantir a mobilidade dos viaxeiros durante seis fins de semana, catro en setembro e dúas en outubro, polas obras de mellora de Adif na infraestrutura entre Redondela e Vigo-Guixar.

O plan alternativo de transporte por estrada, que inclúe autobuses e taxis e as modificacións en trens rexionais, Alvia e Intercity pillaba algúns pasaxeiros por sorpresa. 

"Contáronme que hai obras na estación de Redondela e que van ir ata Santiago o tren e para os estudantes que comezamos o curso e imos cargados é bastante prexudicial"

"Sóubeno onte porque quixen coller o tren para ir a Santiago e dixéronme que era imposible que tiña que facer o traxecto por estrada que non había posibilidade de coller o tren"

"Non tiña moi claro ata hoxe que ía pasar, de feito o SMS que che mandan para dicirche que vas ir en bus mandáronmo en 40 minutos", din algúns viaxeiros.

Os traballos provocan o corte ininterrompido da circulación entre Vigo-Guixar e Redondela desde última hora de cada venres ata primeira hora do luns seguinte. Renfe programou máis de 350 servizos de autobús. O dispositivo tamén inclúe uns 70 servizos de taxi. 

Algúns viaxeiros amosábanse máis molestos ca outros por non poder coller o tren.

"É moito máis cómodo e máis rápido coller o tren que o bus pero a min non me molesta".

"Vimos das Canarias, dixéronnos que había unhas obras, se nos poñen na guagua pois imos na guagua sen problema", engaden outros pasaxeiros.

Adif avanza na modernización da liña Ourense-Vigo para a súa adecuación ao Corredor Atlántico, para reforzar a conexión con Portugal e aumentar a súa capacidade para tráfico de viaxeiros e mercadorías.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos