Arde unha vivenda ocupada en Betanzos
O edificio queimouse na rúa Saavedra Meneses, en Tiobre
Non houbo feridos nin danos persoais
Unha vivenda ocupada ardeu totalmente en Betanzos, A Coruña, segundo o 112.
O ocorrido comezou ás 20 horas do mércores. O domicilio está situado na rúa Saavedra Meneses, en Tiobre, onde acabou derrubado o teito do primeiro andar e o tellado
Coñecendo que a vivenda levaba anos abandonada, en ocasións era obxectivo dos ocupas. Segundo a alcaldesa de Betanzos, María Barral, só se tiña coñecemento de que houbese unha persoa vivindo de ocupa nela.
A pesar disto, o operativo de emerxencias, logo de sufocar o lume, puido confirmar que non houbo nin feridos nin danos persoais e sen que este chegase a outros edificios.
Os veciños tamén comentaron que pouco antes do comezo do incendio, escoitaron unha liorta e berros dende o interior da vivenda. Os axentes seguen investigando para confirmar o motivo polo que sucedeu.